Oracional galego

O noso agradecemento a Ramiro González Cougil por esta publicación

Autores

Miguel Anxo Araújo Iglesias

Ramiro González Cougil

LIMIAR

O pobo de Deus ao longo dos séculos viviu sempre a súa principal experiencia de fe en comuñón eclesial. O libro dos Feitos dos Apóstolos amósanos a imaxe ideal da igrexa, precisamente rezando todos xuntos con María, a Nai de Xesús (Feit. r, 14). A oración asidua e en Igrexa define o grupo aínda xerminal dos discípulos de Xesús (Feit 2,42).

Pasando o tempo, a Igrexa concretou o mandado do seu Mestre de “orar sen interrupción” (Lc r8,1; Ef. 6,18)

A reforma do Vaticano ll propúxose como obxectivo fundamental facer da oración de toda a comunidade cristiá “a voz da mesma Esposa que lle fala ao Esposo; máis aínda (…) a oración de Cristo co seu Corpo ao Pai” (SC 82; OGLH 9). Deste xeito a Eucaristía e maila Liturxia das Horas estenden cada día a loanza de Cristo ao seu Pai, aquí na terra (SC 3883j; OGLH 12).

Pero aínda que a Eucaristía e a Liturxia das Horas son “o cumio e a Ponte” (SC 10) de toda oración cristiá, non por iso esgotan “toda a vida espiritual” (SC 12).

Por iso a oración litúrxica e comunitaria non se opón senón que se completa coa oración “no segredo” (Mt 6,6; SC 12). Deste xeito, orando en comunidade e “no segregado” ponse na práctica a oración sen interrupción (1 Tes 5,17) .

Nos anos de posconcilio non sempre se tivo isto claro, e, ás veces, ao presentar o obxectivo da oración en común como esencial á comunidade cristiá (SC 12), esqueceuse que a oración de tipo devocional enriquece e completa a oración litúrxica (eclesial).

A partir da década dos 70, co redescubrimento da piedade popular, comezouse a valorar as formas e xeitos de expresión orante piadoso devocionais. A relectura máis pausada e equilibrada do Concilio verteu luz sobre o terreo dos actos piadoso devocionais.

A participación litúrxica, coa asimilación da palabra de Deus, é a fonte primeira do vivir cristián (SC 12; 14; 24), pero os actos devocionais preparan e desenvolven o celebrado na Liturxia. Unha e os outros constitúen o alimento completo da vida espiritual.

O Concilio pediu unha harmonía equilibrada entre a Liturxia e os actos devocionais, de xeito que os exercicios piadosos se fagan de acordo cos tempos litúrxicos (SC 13) . Isto esixe ter un sentido claro do espírito de cada tempo para seleccionar aqueles actos que complementan as celebracións litúrxicas.

Debe ser a Liturxia a que xerarquice os actos piadosos. Isto quere dicir que son os actos devocionais os que teñen que beber do contido rico da Liturxia: palabra comunitario, presenza real do Cristo polo Espírito, etc. Deste xeito será verdade a súa derivación da Liturxia (SC 13).

O oracional que agora presentamos é o primeiro que ve a luz na nasa lingua galega. Contén fórmulas de oración moi variadas. A nosa vontade é que os fieis encontren nel unha resposta axeitada para as distintas necesidades e esixencias de oración.

En primeiro lugar ofrecemos as oracións máis comúns e usuais do cristián (1); logo, as que se dirixen ao Pai, Fillo e Espírito Santo (2) para fomentar a fe nas tres divinas Persoas. Nesta mesma liña están os textos do Ordinario da Misa (5), o “Viacrucis” (7) e o “Camiño da Luz” (Resurrección) (9).

Na liña das devocións máis concretas están as oracións para a adoración do Santísimo (6), a devoción a santa María (10), ós santos (12) e as gregorianas polos defuntos (11).

Na liña dos sacramentos, ademais das fórmulas contidas nos apartados xa mencionados (5 e 6) ofrécense oracións para outros sacramentos (7) e sacramentais (algunhas bendicións) (13).

Por último como testemuño de oración e ritmo do tempo, ofrecemos a oración da mañá (laudes) e do serán (vésperas) (3) e algunhas oracións para os tempos litúrxicos (4).

Desexamos vivamente que este oracional contribúa de verdade a que os galegos expresen, na súa doce lingua nai, a fe dos seus devanceiros e da Igrexa nai.

Os autores