As oracións xerais

Oracións xerais

1. O SINAL DA CRUZ

Polo sinal + da santa Cruz dos nosos + inimigos líbranos, Señor+ noso Deus.

No nome do Pai, e do Filio, e do Espírito Santo. Amén.

2. O NOSO PAI

Noso Pai que estás no ceo: santificado sexa o teu nome, veña o teu reino

e fágase a túa vontade

aquí na terra coma no ceo.

Dános hoxe o noso pan de cada día;

perdoa as nosas ofensas, como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido;

e non nos deixes caer na tentación, mais líbranos do mal. Amén.

3. AVE MARIA

Ave María, chea de gracia,

o Señor está contigo,

bendita es ti entre tódalas mulleres e bendito é o froito

das túas entrañas, Xesús.

Santa María, Nai de Deus, roga por nós, pecadores,

agora e na hora da nosa morte. Amén.

 

4. GLORIA AO PAI

Gloria ó Pai e ao Fillo e ó Espírito Santo. Como era no principio, agora e sempre, polos séculos dos séculos. Amén.

 

5. CREDO

Creo en Deus, Pai todopoderoso, creador do ceo e mais da terra.

Creo en Xesucristo, e seu único Pillo, noso Señor,

que foi concibido por obra e gracia do Espírito Santo e naceu da Virxe María.

Padeceu no tempo de Pondo Pilato,

foi crucificado, morto e sepultado,

descendeu ós infernos.

O terceiro día resucitou de entre os mortos,

subiu ó ceo, onde está á dereita do Pai,

e de alí virá xulgar os vivos e os mortos.

Creo no Espírito Santo,

na santa Igrexa católica,

na comuñón dos santos,

na resurrección dos mortos

e tamén na vida eterna. Amén.

6. A CONFESIÓN

Eu confésome pecador diante de Deus omnipotente

e tamén diante de vós, meus irmáns,

pois teño pecado moito

de pensamento, de palabra, de obra e de omisión,

pola miña culpa, pola miña culpa,

pola miña grandísima culpa.

Por iso lle pido á benaventurada Virxe María,

a todos os Anxos e Santos do ceo

e a vós tamén, meus irmáns,

que roguedes por min a Deus, o noso Pai.

 

7. ACTO DE CONTRICIÓN

Meu Señor Xesucristo,

verdadeiro Deus e verdadeiro home,

meu Salvador e redentor:

Por seres Ti a Bondade infinita

e porque te queira sobre todas as cousas,

pésame de todo corazón por te ter ofendido,

pésame tamén porque me podes castigar coas penas do inferno.

Prométoche, coa axuda da túa gracia,

nunca máis pecar, confesarme

e cumprir a penitencia que me poñan. Amén.

 

  1. SALVE

Salve, Raíña,

Nai de misericordia!

Vida, dozura  e esperanza nosa, Salve!

Por ti chamamos

os desterrados, fillos de Eva.

Por ti salaiamos, sufrindo e chorando neste val de bágoas.

Por isto, Señora e avogada  nosa,

volve cara a nós eses teus ollas misericordiosos.

E, despois  deste desterro,

móstranos  a Xesús, froito bendito  do teu seo.

¡Clementísima, piadosa,

doce Virxe María!

Roga por nós, Santa Nai de Deus,

para que sexamos  merecentes das promesas de

Cristo, noso Señor. Amén.

9. A NOSA SEÑORA

Señora, miña naiciña! Eu ofrézome todo a ti,

e en proba  do amor de fillo, conságroche neste día:

os meus ollos, os meus oídos, a miña lingua, o meu corazón

e todo o meu ser.

E xa que son todo teu, Nai de piedade, gárdame e deféndeme coma causa túa. Amén.

10. A SAN XOSÉ

Deus que con inefable  providencia te dignaches escoller

a san Xosé para esposo da túa santa Nai;

pregámosche fagas

que, así como nós o veneramos coma protector na terra,

sexa el o noso intercesor no ceo.

Señor que vives e reinas por sempre eternamente. Amén.

11. AO ANXO DA GARDA

Santo Anxo do Señor, meu fiel gardador,

xa que a bondade divina a ti me encomendou

gárdame,  aluméame e gobérname sempre.  Amén.

12 ÁNXELUS

O anxo do Señor tróuxolle o anuncio a María.

-E María concibiu  do Espírito Santo.

Ave María…

Velaquí a escrava do Señor.

– Fágase en min conforme á túa palabra.

Ave María…

E o Verbo fíxose carne.

-E,  habitou  entre  nós.

-Ave María…

Roga por nós, santa Nai de Deus.

Para que sexamos  merecentes das promesas de

Cristo. Amén. Oremos:

Señor, noso Deus, concédenos ós teus fieis

gozar sempre  de saúde na alma e no corpo. Que, pola gloriosa intercesión

de santa María sempre  Virxe,

nos vexamos libres das tristezas desta vida e gocemos das alegrías da vida eterna.

Por Cristo, noso Señor. Amén.