Colección 1

Liturxia, textos sagrados, encíclicas, pastoral, catequese,…. Destacamos: A Biblia dos nenos, O Evanxelio dos nenos, 400 nomes galegos para homes e mulleres, Oracional galego, Historia da Igrexa galega, A Biblia…

Colección 2

Divulgación en formato breve de textos sobre temáticas e figuras galegas destacadas: Pensamento Galego I, Lembrando a Castelao.

Colección 3

Exame á luz do pensamento cristián dos problemas económicos, políticos, xurídicos, ambientais,… de Galicia: O aforro e a inversión en Galicia, A planificación rexional de Galicia, Estudos do Dereito Civil de Galicia, Contaminación industrial e desenvolvemento, Os labregos na prensa galega.

Colección 4

Conversas con persoalidades destacadas da sociedade galega, tales como Conversas do P. Seixas, Conversas de Torrente Ballester.

Colección 5

Teoloxía e pensamento cristián. Salientamos A Crise da conciencia relixiosa no mundo moderno, Recupera-la Salvación, Relixión e libertade, Teoloxía e sociedade, Galegos e cristiáns, O intelectual galego e Deus, Recupera-la creación. Por unha relixión humanizadora…