Oracional Galego
co noso agradecemento a ramiro gonzález cougil por esta publicación
AUTORES Miguel Anxo Araújo Iglesias / Ramiro González Cougil
Compartimos convosco este oracional
“Tampouco se acende unha lámpada para poñela debaixo da artesa, senón sobre o candeeiro, para que alume a todos os da casa.” (Mt 5, 15)
Segundo as palabras do propio Xesús, e como a maioría do labor dos laicos na Igrexa, a nosa editorial non se fixo para gañar cartos senón para compartir. Non atopamos lugar oficial onde se compartisen as oracións da comunidade na nosa lingua polo que nos parecía “digno e de xustiza” que este oracional estivese da man de calquera que o precisase.
Na ligazón que tedes máis abaixo, podedes descargar o texto completo por xentileza de Ramiro González, que elaborou o texto co finado e inesquecible Miguel Anxo Araújo.
COMPARTÍDEO VÓS TAMÉN (“Xa que de balde recibistes, dade de balde tamén” – Mt 10, 8b)
Descargar PDF
https://www.docdroid.net/bI4sLkp/oracional-galego-pdf
NOTA: Se preferides o libro podedes atopalo na colección As Edicións do Adro