Que é SEPT
A Editorial SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos) foi unha das obras nacidas da capacidade creativa e do entusiasmo contaxiante de Xaime Isla Couto. Segundo o Bispo Miguel Anxo Araúxo, de: “Xaime e o seu equipo de profetas do Vaticano II”.
Xaime xunta a un grupo de xentes de toda Galicia preocupados polo divorcio existente entre a Igrexa galega e as realidades de nós, que arredor do ano 1965 idean a creación da editorial SEPT para sensibilizar aos membros da Igrexa galega encol da problemática e das reinvindicacións concretas da nosa terra en todos os sensos: cultural, social, relixioso, económico, político, …
En xullo de 1965, un ano antes da súa constitución formal, redáctase o programa fundacional de SEPT, que foi presentado ao Cardeal Quiroga Palacios o 24 de xullo daquel ano.
SEPT:
Vocación de Laicos na
Igrexa Galega
Como diciamos, a editorial SEPT foi creada polo compromiso cristián de Xaime Isla Couto “e do seu equipo de profetas do Vaticano II”, en palabras de M. A. Araúxo. Con el estiveron Enrique Giménez Bascoy, Xosé Luís Fontenla Rodríguez, Francisco Cerviño González, Daniel Vilela García, Octavio San Martín Domínguez, Xerardo Fernández Albor, Agustín Sixto Seco, Manuel Vidán Torreira, Manuel Beiras García, Avelino Abuín González, Carlos Baliñas Fernández, Juan José Domínguez Reboiras, Agustín Bueno Rodríguez, Camilo Nogueira Román, Domingo Fernández del Riego, Xosé Luís Fontenla Méndez, Isidoro Millán González-Pardo, Xosé Manteiga Pedrares e Xesús Mosquera Sueiro.
Foi en xullo de 1965 cando se redactou o programa fundacional de SEPT.
A formalización prodúcese diante de notario en Compostela o 15 de decembro de 1966.