Fundación de SEPT

A editorial SEPT foi creada por Xaime Isla Couto “e do seu equipo de profetas do Vaticano II”, en palabras de M. A. Araúxo. Con el estiveron Enrique Giménez Bascoy, Xosé Luís Fontenla Rodríguez, Francisco Cerviño González, Daniel Vilela García, Octavio San Martín Domínguez, Xerardo Fernández Albor, Agustín Sixto Seco, Manuel Vidán Torreira, Manuel Beiras García, Avelino Abuín González, Carlos Baliñas Fernández, Juan José Domínguez Reboiras,
Agustín Bueno Rodríguez, Camilo Nogueira Román, Domingo Fernández del Riego, Xosé Luís Fontenla Méndez, Isidoro Millán González-Pardo, Xosé Manteiga Pedrares e Xesús Mosquera Sueiro.

Foi en xullo de 1965 cando se redactou o programa fundacional de SEPT.

A formalización prodúcese diante de notario en Compostela o 15 de decembro de 1966.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*